CURVA ESPAÑA en Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra, España
Varias fechas

Entradas para o IV FESTIVAL COMEDIÁRTIKO do espectáculo “CURVA ESPAÑA - CHÉVERE” na Sala Ártika de Vigo.

Data: sábado 14 e domingo 15 e de outubro de 2023

Hora:

sábado 14 de outubro ás 20:00h

domingo 15 de outubro ás 20:00h

Recinto: Sala Ártika

Prezo:

Venta online: Entrada Anticipada: 10 € + gastos de xestión (dispoñible ata 24 horas antes da primeira función)

En taquilla: Entrada Xeral: 14 €

Idades recomendada: + 13 anos

Duración: 90 min

Entradas para o IV FESTIVAL COMEDIÁRTIKO do espectáculo “CURVA ESPAÑA - CHÉVERE” o sábado 14 e domingo 15 de outubro na Sala Ártika.

SINOPSE:

Unha peza que ironiza sobre o xénero documental combinando teatro e cine en directo. Unha alegoría sobre España que se serve dun relato local que se foi transmitindo oralmente de xeración en xeración entre a xente da comarca de Verín (Ourense), para confrontar a realidade coa ficción, a historia coa lenda.  Curva España trata sobre un crime aparentemente sen resolver, unha morte violenta que provoca sospeitas e interrogantes sobre as súas causas, motivacións e consecuencias.

Curva España é a historia dunha investigación sobre un suceso do pasado e sobre as súas implicacións no presente. Un suceso real que tivo un impacto directo limitado a unha pequena comunidade da Galiza interior, pero no que se desvela o xeito no que se vertebrou o estado liberal español durante os séculos XIX e XX, en paralelo á construción do ferrocarril.

As entradas para o IV FESTIVAL COMEDIÁRTIKO do espectáculo “CURVA ESPAÑA - CHÉVERE” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 14 € ou 10 € + gastos de xestión.

Compra tus entradas aquí

Ubicación

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra, España
Vendedores oficiales
CURVA ESPAÑA