IPHIXENIA NA PORTA DO SÚPER en Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra, España
Varias fechas

Entradas para o espectáculo “IPHIXENIA NA PORTA DO SÚPER - COMPAÑÍA HUMANA” na Sala Ártika de Vigo.

Data: sábado 06 e domingo 07 de maio de 2023

Hora:

sábado 06 de maio ás 20:00h

domingo 07 de maio ás 20:00h

Recinto: Sala Ártika

Prezo:

Venta online: Entrada Anticipada: 10 € + gastos de xestión (dispoñible ata 24h antes da primeira función)

En taquilla: Entrada Xeral: 14 €

Idades recomendada: + 12 anos

Duración: 75 min

Entradas para o espectáculo “IPHIXENIA NA PORTA DO SÚPER - COMPAÑÍA HUMANA” o sábado 06 e domingo 07 de marzo na Sala Ártika.

SINOPSE:

Iphixenia, unha nini de barrio, pasa os días nun bucle de alcohol e apatía rondando as rúas da súa vila. Unha noite coñece a un tío distinto dos demais e comeza a sentir unha sensación extraña, como de non estar soa. A partir de aquí, unha serie de circunstancias alleas levará á protagonista a sufrir unha grande perda.

Se no mito clásico Iphixenia era sacrificada polo seu pai Agamenón para contentar ós deuses e proseguir coa guerra de Troia, nesta traxedia dos nosos días é a propia protagonista quen decide sacrificarse e converter o seu sufrimento en xenerosidade cara a sociedade que a marxina.

Unha personalidade magnética, directa, que nos amosa sen filtros e con humor a humanidade que se esconde tralas colas na atención primaria, recorte de camas hospitalarias, ausencia de médicos... Unha historia de sacrificio, dignidade e esperanza.

As entradas para o espectáculo “IPHIXENIA NA PORTA DO SÚPER - COMPAÑÍA HUMANA” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 14 € ou 10 € + gastos de xestión


 

Compra tus entradas aquí

Ubicación

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra, España
Vendedores oficiales
IPHIXENIA NA PORTA DO SÚPER