LIBRE COMA OS PAXAROS en Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra, España
Varias fechas

Entradas para o espectáculo “LIBRE COMA OS PAXAROS - TEATRO DO ATLANTICO” na Sala Ártika de Vigo.

Data: sábado 25 e domingo 26 de febreiro de 2023

Hora:

sábado 25 de febreiro ás 20:00h

domingo 26 de febreiro ás 20:00h

Recinto: Sala Ártika

Prezo:

Venta online: Entrada Anticipada: 10 € + gastos de xestión (dispoñible ata 24h antes da primeira función)

En taquilla: Entrada Xeral: 14 €

Idades recomendada: + 18 anos

Duración: 75 min

Entradas para o espectáculo “LIBRE COMA OS PAXAROS - TEATRO DO ATLANTICO” o sábado 25 e domingo 26 de febreiro na Sala Ártika.

SINOPSE:

Unha muller toma a palabra e proclámase dona da súa liberdade. Manifesta, desafiante, non someterse ás regras da arte nin acatar mandatos dos seus iguais.

Declara o seu amor pola literatura, a poesía e a lingua do seu país; o seu respecto e admiración polas escravizadas mulleres do seu pobo, e expresa a súa solidariedade e a súa dor polas miserábeis condicións de vida que aquelas teñen que soportar.

Denuncia o espolio do patrimonio forestal, a traxedia da emigración á que se ven obrigados centos de miles de compatriotas para poder sobrevivir, eles e as súas familias, á fame e á miseria. E clama contra o silencio que todo o envolve.

Muller. Filla de nai solteira. E de pai cura. Escritora. Galega de pensamento libre. Chámase María Rosalía Rita de Castro.

As entradas para o espectáculo “LIBRE COMA OS PAXAROS - TEATRO DO ATLANTICO” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 14 € ou 10 € + gastos de xestión.

Compra tus entradas aquí

Ubicación

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra, España
Vendedores oficiales
LIBRE COMA OS PAXAROS