Entradas para CIRCUITO GALEGO DE
TEATRO AMADOR 2022 do espectáculo “SOUTELO ENTERPRISE - TIRULEQUE TEATRO” na
Sala Ártika de Vigo
Data: Domingo 05 de xuño de 2022
Hora:
Domingo
05 de xuño de 2022 ás 20:00h.
Recinto: Sala Ártika
Prezo:
En taquilla: 3 € + Gastos de xestión
Idades recomendada: +12 anos.
Duración: 60 minutos.
Entradas para CIRCUITO GALEGO DE
TEATRO AMADOR 2022 do espectáculo “SOUTELO ENTERPRISE - TIRULEQUE TEATRO” o Domingo
05 de xuño na Sala Ártika.
SINOPSE:
Nunha imaxinaria situación
histórica, social e xeográfica, o magnate Ramiro Soutelo, alma mater do emporio
“Soutelo Enterprise”, medra ó abeiro das amizades políticas e xudiciais, entre
as que son moeda corrente as corruptelas e os cartos en negro para facer valer
as súas ambiciosas ansias de poder económico e político, sen que tales
actividades lles causen desacougos nin remorsos a ningún dos seus actores. As
lapas da conciencia apáganse co mellor extintor coñecido: o diñeiro. Unha
comedia aceda contada entre risas e prantos, na que nos preguntamos:
Que ten que ver Lionel Messi con
Paquiño Cagarolas? Por que Anselmo ten uns gayumbos de Kevin Clain e Benito de
Calvin Klain? Milucho, o alcalde de Buxo, será tal de matar todas as vacalouras
do concello? Non lle sería máis práctico a don Damián voar no seu jet privado?
Perderá o Boca Juniors ese partido contra o Paris Saint-Germain? Por que
Carmiña non quere patacas con cherelos e Lela ten problemas sexuais co seu
Rafa?
As entradas do espectáculo “SOUTELO
ENTERPRISE - TIRULEQUE TEATRO” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 3€
+ gastos de xestión.